A UE estuda limitar o prezo das renovables para abaratar a electricidade
A UE estuda limitar o prezo das renovables para abaratar a electricidade
A presidenta da Comisión Europea anuncia unha intervención de urxencia no mercado eléctrico
Bruxelas aprema a todos os países da UE para que incrementen as medidas de aforro enerxético nos seus plans de continxencia.
Na Comisión Europea tamén traballan coa posibilidade de limitar os prezos das enerxías renovables como xeito de abaratar a factura da luz. A presidenta da Comisión Europea anunciou unha intervención de urxencia no mercado eléctrico.
E limitar os prezos das renovables é unha opción, tamén da hidroeléctrica e a nuclear, para abaratar a factura da luz, porque se separarían estas tecnoloxías do gas ou do petróleo, que agora encarecen todo o sistema.
Bruxelas estuda propor esta medida na reunión de emerxencia entre os ministros de Enerxía europeos.
Os 27 aceleran a almacenaxe de gas e as reservas na UE xa acadaron o obxectivo do 80 %, fixado para novembro. Dez países, entre eles España, Francia ou Alemaña, superan ese nivel.
Pero a Bruxelas non lle chega con este aforro enerxético e advirte que o 2023 será un novo reto ante as tensións con Rusia. Na Comisión queren que a almacenaxe de gas non baixe do 40 % para marzo, cando saiamos do inverno.