Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE prepárase para sancionar a Belarús pola crise migratoria

A UE prepárase para sancionar a Belarús pola crise migratoria

Belarús advirte de que as sancións son contraproducentes

G24.gal 14/11/2021 19:58

A policía polaca alertou de novos ingresos irregulares de migrantes no seu territorio a través da fronteira con Belarús, onde rexe o estado de emerxencia e non se permite o acceso dos medios de comunicación.

Xornalistas e organizacións humanitarias, que tamén teñen prohibido achegarse, reclaman transparencia a Varsovia, mentres crecen as dúbidas sobre a información dispoñible respecto desta crise.

Os ministros de Exteriores dos 27 reúnense este luns para aprobar un novo marco legal que lles permita impoñer sancións adicionais a Bielorrusia, á que consideran responsable de empurrar os migrantes á fronteira europea como medida de presión.

Sería o quinto paquete de sancións desde que Lukashenko volveu gañar unhas eleccións presidenciais que Europa tachou de fraude.

O alto representante da Unión para a Política Exterior, Josep Borrell, anunciou que falara co ministro de exteriores bielorruso sobre a situación precaria dos centos de persoas amoreadas na fronteira. Borrell puntualizou que non deben ser utilizadas como armas, que hai que protexelas e permitir que as axencias humanitarias as atendan.

Desde Belarús din que están dispostos a dialogar coa Unión Europea en igualdade e advirten que as sancións son contraproducentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade