Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE prepara máis sancións contra Belarús pola crise migratoria

A UE prepara máis sancións contra Belarús pola crise migratoria

Von der Leyen acusa o réxime de Minsk de lanzar un "ataque híbrido"

Antón Montero 10/11/2021 20:13

A Unión Europea prepara máis sancións contra Belarús pola crise migratoria na fronteira con Polonia. 

Entre as medidas que baralla Bruxelas está castigar aos países de orixe e tránsito dos migrantes e ás aeroliñas que están cooperando co réxime de Minsk.

A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, describiu a situación como un ataque híbrido dun réxime autoritario para desestabilizar aos seus veciños democráticos.

Nas últimas horas, varias decenas de migrantes conseguiron atravesar unhas aramadas ante as que Polonia mantén despregados 15.000 soldados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade