Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE prolonga as sancións contra Rusia tras superar as obxeccións de Hungría

A UE prolonga as sancións contra Rusia tras superar as obxeccións de Hungría

A unanimidade dos Vinte e sete países membros era indispensable para prolongar as medidas restritivas

Hungría e Eslovaquia podrían integrarse no diálogo sobre a subministración de gas

A alta representante da UE Kaja Kallas (Europa Press/ Wiktor Dabkowski) A alta representante da UE Kaja Kallas (Europa Press/ Wiktor Dabkowski)
G24.gal 27/01/2025 15:30

Os ministros de Exteriores da Unión Europea decidiron este luns estender as sancións impostas a Rusia pola invasión a Ucraína tras exceder as reservas de Hungría, tal e como informou Kaja Kallas, alta representante da UE para Asuntos exteriores e de Seguridade.

Kallas preside este luns un Consello de ministros comunitarios de Exteriores con Ucraína na axenda  e no que estaba previsto que a prolongación das medidas restritivas a Rusia se aprobara sen debate. A unanimidade dos Vinte e sete era un paso necesario para manter as medidas restritivas que, doutro xeito, ían concluír o próximo 31 de xaneiro.

Precisaron que Hungría fixo ante os seus socios comunitarios unha alegación sobre a seguridade enerxética e solicitoulles solidariedade e garantías de que o petróleo e o gas seguirán fluíndo cara ao seu territorio, antes abastecido por carburantes rusos.

"A Comisión e os Estados membros da UE seguen plenamente comprometidos co continuo apoio a Ucraína e, nese contexto, axudarán a reparar, conectar e estabilizar a infraestrutura enerxética de Ucraína, na que Estados membros como Hungría e Eslovaquia desempeñaron un papel crucial", subliñou Kallas.

As sancións renovadas inclúen a conxelación de activos rusos en Europa, cuxos beneficios extraordinarios están a ser utilizados para financiar a reconstrución e defensa de Ucraína. A UE destinou 18.100 millóns de euros en apoio, segundo o acordo co G7.

Dende 2014, a UE aplicou sancións que se renovan semestralmente, ampliando o seu alcance progresivamente. Actualmente, os Vinte e sete traballan no desenvolvemento dun novo paquete de medidas, que sería o décimo sexto, e planean implementalo antes do terceiro aniversario do conflito en Ucraína, a finais de febreiro. 

Kaja Kallas destacou que a infraestrutura enerxética europea é un tema estratéxico e chamou terceiros países a respectar este principio. Así mesmo, a Comisión Europea comprometeuse a axudar a Ucraína a reparar e estabilizar a súa rede enerxética. Hungría e Eslovaquia, claves na cooperacion con Ucraína, poderian integrarse nos diálogos sobre a subministración de gas. Ademais, Bruxelas solicita a Kiev garantías sobre o tránsito de petróleo a través do oleoduto Druzhba.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade