Centos de apicultores protestan en Madrid contra as importacións masivas de mel
Centos de apicultores protestan en Madrid contra as importacións masivas de mel
A protesta contou coa participación do Sindicato Labrego Galego
Apicultores españois, franceses e portugueses protestaron hoxe de forma simultánea en Madrid, París e Lisoba, baixo o lema "Apicultores europeos contra a fraude. Os xaropes fabricados non son mel" contra as importacións masivas de mel falso.
En concreto, un centenar de representantes do sector reclamaron tanto á presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, como ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, maiores controis na fronteira do mel adulterado así como o rexeitamento do acordo Mercosur.
O Sindicato Labrego Galego, demandou ás administracións que apoien aos produtores de mel, a través de medidas urxentes que eviten a situación "de risco" para un sector "esencial" para a produción de alimentos e a biodiversidade.
"A protección dos polinizadores e o apoio pola calidade nun alimento con destacadas achegas para a saúde humana ten que ser un obxectivo claro nas políticas comunitarias", defendeu o membro da dirección, Brais Álvarez, que acudiu como delegación do sindicato.
"Abandonáronnos", aseguran representantes de COAG durante a concentración.
A organización agraria denuncia que a avalancha de siropes e sucedáneos de mel que hai nos lineais das grandes cadeas de distribución europeas.
E a "permisividade" das administracións que está a dinamitar os esforzos dos apicultores profesionais por ofrecer un produto de "alta calidade, san e sostible".
Os apicultores instan á Comisión Europea a poñer en valor a alta calidade do mel, aplicar as normas de rastrexabilidade e rexeitar acordos comerciais que poden poñer o perigo o sector, que é tan relevante para o medio ambiente.
Pola súa banda, Unión de Unións, criticou que se estea permitindo, supostamente, poñendo en risco ás explotacións apícolas europeas e a calidade do mel, polo que reclama unha regulación con máis controis na entrada de produtos apícolas de países terceiros.
Co obxectivo de garantir a correcta rastrexabilidade alimentaria. Ademais sinalou que, cos acordos comerciais con países terceiros, estaríase a fomentar unha competencia desleal, con custos de entrada moi inferiores.
Piden que se impulsen as marcas de orixe e que se impoñan aranceis para amortecer a situación.