Cargando resultados...
O PPdeG aposta por unha xustiza libre e independente en colaboración cos colexios de avogados
O PPdeG aposta por unha xustiza libre e independente en colaboración cos colexios de avogados
O eurodeputado popular, Adrián Vázquez, está disposto a apoiar en Bruxelas que os colexios de avogados teñan máis presenza nas institucións europeas nas cuestións que lles atinxen
G24.gal
02/02/2025 12:39
O Partido Popular de Galicia amósase disposto a colaborar cos colexios de avogados para que os seus profesionais poidan desempeñar o seu labor sen atrancos. Así llo trasladaron a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o eurodeputado Adrián Vázquez ao presidente do Consello da Avogacía Galega, Francisco Rabuñal.
Ademais, Adrián Vázquez, está disposto a apoiar en Bruxelas que os colexios de avogados teñan maior presenza nas institucións europeas nas cuestións que lles atinxen.