Publicador de contidos
Publicador de contidos

A UE súmase á condena internacional ao asalto da embaixada de México en Ecuador

A UE súmase á condena internacional ao asalto da embaixada de México en Ecuador

España fai un chamamento á concordia entre ambos os países

G24.gal 07/04/2024 21:03 Última actualización 07/04/2024 21:43

Ecuador xustifica a entrada na embaixada de México en Quito para deter o seu exvicepresidente Jorge Glas aducindo que había risco de fuga e censura que México lle dera acubillo. 

"Contravindo claramente o principio fundamental de non intervención nos asuntos internos doutros estados", afirma a ministra de Relacións Exteriores de Ecuador.

O asalto non deixa, porén, de recibir a condena da comunidade internacional. A Unión Europea sumouse neste sentido á ONU, á Organización de Estados Americanos, aos Estados Unidos e a boa parte dos gobernos latinoamericanos, tanto de esquerdas como de dereitas.

A oposición ecuatoriana tamén lamenta o asalto e pide a dimisión do presidente de Ecuador.

"Señor Daniel Noboa, presente a súa renuncia. O Ecuador non é a súa facenda bananeira", clama Luisa González, do Movimiento Revolución Ciudadana.

O persoal diplomático de México en Ecuador xa deixou o país andino.

"A embaixada de México en Ecuador permanecerá pechada indefinidamente, e tamén os servizos consulares", anuncia a ministra de Exteriores de México.

Entre a cidadanía, tanto de México como de Ecuador, hai preocupación.

"Desestabiliza América Latina e sobre todo dá pé a que outros países intenten realizar esta violación á Convención de Viena", opina un mexicano.

"O máis prexudicado é o pobo porque hai moitos ecuatorianos que viaxan a México e moitos mexicanos que veñen a Ecuador", cre un ecuatoriano.

O exvicepresidente de Ecuador Jorge Glas estaba na embaixada de México desde decembro e acababa de obter o asilo cando a policía ecuatoriana irrompeu para detelo e levalo ao cárcere. Sobre el pesan condenas e acusacións por corrupción, que Glas achaca a unha persecución política.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade