Publicador de contidos
Publicador de contidos

A última noite de disturbios en Francia deixa 157 detidos e tres axentes feridos

A última noite de disturbios en Francia deixa 157 detidos e tres axentes feridos

O presidente francés recibirá este martes os alcaldes dos 200 municipios afectados

A morte do bombeiro na extinción dun incendio non está relacionada coa crise social, segundo fontes da investigación

G24.gal 03/07/2023 20:58 Última actualización 03/07/2023 21:08

Máis de 150 persoas foron detidas na sexta noite consecutiva de disturbios en Francia, que tamén deixa tres axentes feridos. Estes datos do Ministerio do Interior reflicten que os incidentes foron a menos respecto á madrugada anterior, cando uns encapuchados esnafraron un coche contra a casa dun dos alcaldes en activo da rexión de París. 

Desde que comezou esta nova onda de violencia, máis de 3.000 persoas foron arrestadas e unhas 250 serán xulgadas en comparecencia inmediata. Algúns tribunais abriron con carácter excepcional este domingo e xa ditaron sentenzas de cárcere para varios dos detidos.

Lembramos que esta nova crise social por todo o país se iniciou coa morte dun mozo de 17 anos por causa dun disparo policial despois de saltar un control das forzas de seguridade cando circulaba sen carné. O presidente francés recibirá este martes os alcaldes dos 200 municipios afectados para tentar atallar a situación.

Por outra banda, a morte dun bombeiro que traballaba na extinción dun incendio nun aparcadoiro subterráneo da cidade de Saint-Denis, nas aforas de París, non está relacionada coa vaga de disturbios, segundo fontes da investigación.

Ao parecer, faleceu por unha parada cardiorrespiratoria pola intoxicación de fume sen que os seus compañeiros puideran reanimalo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade