Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Unesco recoñece a sidra asturiana como Patrimonio da Humanidade

A Unesco recoñece a sidra asturiana como Patrimonio da Humanidade

O 60 % da sidra do principado elabórase con mazás galegas

Xa hai proxectos para recuperar a tradición sidreira no leste de Galicia

Andrés Pavón/Jorge Pereira 05/12/2024 20:26 Última actualización 05/12/2024 20:38

Máis de 60.000 toneladas anuais de mazá sidreira converten a Galicia no principal produtor de España, cun 70 % máis que a propia Asturias. Ademais, o Códice Calixtino xa recoñecía a calidade da sidra galega no século XIII. Pero o certo é que a tradición se foi perdendo, e agora só pequenos proxectos coma este de Riotorto traballan para recuperar a produción. 

"Recuperamos as plantacións de mazairas, que estaban estragadas. E tamén a cultura da sidra, que en Galicia case non queda", sinala Manuel López, sidreiro da adega Pedro Leivas.

Aínda que a Unesco só recoñece a cultura asturiana da sidra, o certo é que nestas localidades galegas lindeiras co Principado as mazás sidreiras seguen presentes en case todas as casas. De feito, só a provincia de Lugo produce máis froito que Asturias e Guipúscoa xuntas. Por iso, os produtores galegos ven no recoñecemento internacional un apoio para que as mazás non queden tiradas ou vaian para os porcos.

"Que estea recoñecida. Porque a sidra é moi natural e fresca. En cada botella vai un quilo e medio de mazás".

O seguinte paso que se vai dar é a elaboración de calvados, a augardente que se fai co bullo das mazás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade