Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia e Asturias asinan un convenio para mellorar atención sanitaria en zonas limítrofes

Galicia e Asturias asinan un convenio para mellorar atención sanitaria en zonas limítrofes

O Sergas atenderá en Navia de Suarna e no HULA aos veciños do municipio asturiano de Ibias

O convenio asinado entre os responsables sanitarios de ambas as comunidades oficializa un servizo que xa se estaba dando

Mentres, as listas de espera en Galicia seguen aumentando

Sinatura do convenio de Sanidade. Fonte: Xunta.
G24.gal 05/12/2024 12:49 Última actualización 05/12/2024 16:00

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a conselleira de Saúde de Asturias, Concepción Saavedra Rielo, asinaron no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), un convenio de colaboración para garantir a asistencia sanitaria nas zonas limítrofes entre ambas as comunidades e reducir os tempos de atención. Gómez Caamaño determinou que é “a expresión clara da responsabilidade compartida".

Preto de cincuenta habitantes de nove núcleos da parroquia dos Coutos, no concello asturiano de Ibias, van recibir asistencia sanitaria no centro de saúde de Navia de Suarna e no HULA, polo que se reduce o tempo de desprazamento e o acceso á Atención Primaria de 45 a 26 minutos e o hospitalario de case dúas horas a pouco máis dunha, o que, ademais de mellorar a calidade asistencial, alivia as familias da carga que supoñen os longos desprazamentos.

Este acordo inclúe a mobilización coordinada dos servizos de Urxencias co obxecto de garantir que ningunha situación crítica quede sen cobertura, grazas a coordinación entre as respectivas centrais de urxencias e o transporte interhospitalario e as derivacións necesarias.

A nivel técnico, os veciños asturianos contarán cunha tarxeta de desprazados para ser atendidos. Os facultativos galegos, pola súa banda, contarán con acceso aos historiais médicos electrónicos.

Este tipo de colaboracións mantense noutras zonas fronteirizas, no norte de Portugal e en Castela e León.

En Galicia seguen crecendo as listas de espera

Este acto prodúcese ao día seguinte de que o Sergas fixese públicos na súa web os datos das listas de espera no sistema público galego con resultados negativos.

En concreto, a espera media para unha intervención cirúrxica en Galicia é a mediados deste ano seis días máis alta que en xuño de 2023, un período no que o Sergas tamén rexistrou un incremento de 8,7 días na espera para acceder a unha primeira consulta de especialista.

Con cifras oficias ata o 30 de xuño de 2024, a espera media para operarse é de 72 días, seis máis que hai un ano. Ademais, en lista de espera hai mais de 47.000 persoas (case tres mil máis que no 2023) das cales 153 levan esperando máis de un ano. A espera dos pacientes en prioridade un mantense nos 16,7 días, aínda que empeorou nos de segunda prioridade. 

Por servizos, a espera máis alta está en neurocirurxía, con case 97 días, seguido de cirurxía plástica e reparadora (case 81) e en otorrinolaringoloxía (78).

Por áreas sanitarias, a maior espera cirúrxica rexístrase na de Ourense-Verín-O Barco, con mais de 81 días. Na zona de Coruña-Cee é mais de 79.  Seguido de Santiago-Barbanza que ten unha espera de 76. En Lugo-A Mariña-Monforte, de 69 días e en Pontevedra-O Salnés é de máis de 69 días.

Nas consultas tamén hai esperas

Concretamente, os galegos para unha primeira consulta 71 días. De novo, a área sanitaria con peores datos é a de Ourense con case 142 días. Tamén no Hospital dá Mariña, con máis de 126 días. Fronte a iso, a espera máis baixa está na área da Coruña.

Os pacientes que máis esperan por unha consulta de especialista son os de rehabilitación, con 151días de media, así como os de anestesioloxía e reanimación, con 111. En neuroloxía, a espera media é de 87 e as consultas de psiquiatría tardan (27 días máis que en xuño de 2023), ata mais de 76 días.

Cirurxía torácica e medicina nuclear son as que menos, con case 7 días e 6 días e medio, respectivamente. Na especialidade nuclear a solicitude das probas tarda máis de 58. A espera para endoscopias é de 116 días; as de electrofisioloxía pasaron a máis de 93 días

Pola contra, o Sergas si mellorou os datos de espera das probas de radioloxía, que se sitúan nos 72 días. Os pacientes que deben realizar un TAC esperan mais de 71; mentres que as ecografías tardan máis de 102 días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade