Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta supera o obxectivo fixado de vacinación da gripe na poboación infantil

A Xunta supera o obxectivo fixado de vacinación da gripe na poboación infantil

Ao final da campaña do 2023 alcanzouse un 55,78 %, cifra que xa foi superada este ano en cinco puntos ao chegar ao 60,37 %

G24.gal 12/12/2024 15:28

A Xunta superou xa o obxectivo de vacinación da gripe na poboación infantil de 6 a 59 meses ao alcanzar a taxa do 60,37 %, cando esta estaba fixada para toda a campaña no 60 %, informa o Goberno autonómico nun comunicado.

Na mesma data do ano 2023 a porcentaxe de vacinación da gripe na poboación infantil era do 42,56 % e ao final da campaña alcanzouse un 55,78 %, cifra que nestes momentos xa foi superada en cinco puntos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública, organismo coordinador desta iniciativa, remarca que a porcentaxe de vacinación na poboación infantil subiu en todas as idades.

Outro dato significativo dos bos resultados logrados ata o de agora é que o 80,25 % das persoas maiores de 80 anos xa se vacinaron da gripe. Con carácter xeral a vacinación nos grandes recintos concluirá o próximo 21 de decembro, con todo, as persoas que así o desexen poderán solicitar vacinarse nos hospitais públicos, informa a mesma fonte. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade