A UE recomenda manter a produción das centrais de carbón como a das Pontes
A UE recomenda manter a produción das centrais de carbón como a das Pontes
A redución da dependencia enerxética do mercado ruso fai que a Unión Europea aconselle prolongar a vida das nucleares e manter temporalmente as térmicas
Endesa mantén o 31 de xullo como data de peche da central das Pontes
A Unión Europea prepárase para reducir a dependencia do gas procedente de Rusia. Entre as medidas que a Comisión lle propón aos estados está a de manter a produción con carbón que afectaría a centrais coma a das Pontes.
Endesa mantén o plan de peche o 31 de xullo da térmica das Pontes, aínda sen ter en marcha os investimentos previstos para substituír os 1.400 megavatios desta planta. Pero a decisión final depende do Goberno, que ten pendente a concesión da autorización definitiva de peche.
Os expertos din que a recomendación de Bruxelas é clara. Hai que seguir avanzando na transición ecolóxica, pero asegurando a subministración enerxética.
Europa tamén recomenda prolongar a vida das nucleares. E traballa nun plan de emerxencia que se aplicaría nos distintos estados en caso de haber problemas na subministración.