Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vacinación coa dose de reforzo dos galegos maiores de 70 anos remata o martes

A vacinación coa dose de reforzo dos galegos maiores de 70 anos remata o martes

A partir do 1 de decembro xa están citadas persoas da franxa de idade de 60 a 69 anos

Este domingo no Gaiás, en Compostela, estaban convocadas unhas 3.600 persoas de máis de 70 anos

Recibiron a terceira dose do preparado de Pfizer, o luns administraráselles a vacina de Moderna 

G24.gal 28/11/2021 14:40

Segundo os datos de Sanidade, en toda Galicia xa se administraron máis de 365.000 doses de reforzo, o que supón o 13,50 % da poboación total galega fronte ao 9'63% de toda España.

Detrás das cifras e porcentaxes están as persoas que ven como a súa vida e a súa saúde quedan máis protexidas tras a dose de reforzo da vacina e todos os sanitarios que despois de moitos meses traballan sen descanso para seguir inmunizando a poboación.

Este domingo no Gaiás están citadas unhas 3.600 persoas maiores de 70 anos, non é o caso de Dorinda, que ten 57 anos, e recibira a monodose de Janssen. Esta mañá recibiu a segunda, de Pfizer.

En Galicia máis dun 66% das doses de reforzo foron xa administradas na franxa de 70 a 79 anos. O Sergas ten previsto rematar nese sector de idade o 30 de novembro. Para o un de decembro xa están citadas persoas de máis de 60 anos para a terceira dose.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade