Publicador de contidos

Publicador de contidos

Remite a vaga de calor en Galicia, con avisos en Ourense e Lugo por altas temperaturas

Remite a vaga de calor en Galicia, con avisos en Ourense e Lugo por altas temperaturas

En Ourense hai unha alerta laranxa por máximas de 39 graos para este serán

O interior de Lugo podería rexistrar temperaturas de ata 36 graos

A partir de mañá baixan os termómetros e o martes entran as choivas

G24.gal 17/07/2022 14:48 Última actualización 17/07/2022 15:05

Con rexistros históricos, que deixaron temperaturas de ata corenta e catro graos en Ourense e ata catro alertas vermellas durante a semana, a vaga de calor empeza a deixar de afogar a comunidade galega e partir de mañá notarase un descenso significativo nos termómetros.

Con todo, para este serán Meteogalicia mantén activa unha alerta laranxa para a provincia de Ourense por máximas de ata 39 graos , mentres que en Lugo, cun aviso de nivel amarelo, os mercur¡os poderían chegar aos 36 graos nas comarcas do interior.  Non se desbotan tampouco que nas vindeiras horas poidanse producir episoidos tormentosos nestas zonas.

Esta mañá, na cidade das Burgas, os ourensáns, seguían combatendo os efectos da calor como podían.

No resto de Galicia, as temperaturas continúan anormalmente altas, e contase con chegar esta tarde ata os 34 graos nalgúns puntos do interior das provincias da Coruña e Pontevedra. 

Para combater a calor dende Protección Civil seguen a recomendar no exporse directamente ao sol nas horas centrais do día, beber moita auga, especialmente nenos e anciáns, e refrescarse periodicamente.

A partir de mañá o mercurio baixará de golpe ata cifras máis acordes co verán galego, e xa o martes coa chegada das choivas, as máximas quedarán por debaixo dos trinta graos en toda Galicia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade