Publicador de contidos
Publicador de contidos

A tenenta de alcalde de Xerusalén defende o "dereito" de Israel a se defender

A tenenta de alcalde de Xerusalén defende o "dereito" de Israel a se defender

Fleur Hassan-Nahoum di que Irán ten "ambicións expansivas" e que Israel é a primeira parada

G24.gal 15/10/2023 18:41 Última actualización 15/10/2023 19:50

A tenenta de alcalde de Xerusalén, Fleur Hassan-Nahoum, sostivo na Radio Galega o dereito de Israel a se defender cun ataque en Gaza tras o "masacre" de Hamás en territorio israelí do sete de outubro.

Hassam-Nahoum sostén que o Exército israelí ten que "entrar e bombardear os lugares onde sabemos que teñen a súa infraestrutura de terrorismo" e nega as acusacións de actitude xenocida que se verten contra a actuación do Goberno israelí en Gaza.

Considera que a ofensiva durará "semanas, non meses" e pon no foco das súas críticas a Irán, a quen lle atribúe "ambicións expansivas" e di que "Israel é a primeira parada".

A tenenta de acalde di agardar que o conflito non se converta nunha "guerra rexional porque se pode converter nunha guerra mundial" e engade que "Irán ten as súas organizacións, os seus brazos, Hamás é unha delas". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade