A vítima do abuso sexual de Hugo Mallo: "Sinto que se fixo xustiza"
A vítima do abuso sexual de Hugo Mallo: "Sinto que se fixo xustiza"
Carme Coma rachou o seu silencio: "O que antes era unha falcatruada, agora é un delito"
Carme Coma era a muller que estaba vestida de periquito no partido entre o Español e o Celta xogado en abril de 2019 no campo de Cornellà. Segundo acaba de ditar sentenza o xuíz de primeira instancia, foi vítima de abuso sexual por parte do exlateral do Celta Hugo Mallo.
Coma rompeu o silencio en varios programas deportivos para os que relatou o acontecido xusto antes do partido. "Quedei en choque cando me tocou no peito. Levo catro anos sen falar pola miña privacidade e por respecto ao proceso, pero agora xa non teño que esconderme de nada. Sinto que se fixo xustiza e non se pode volver repetir", asegurou a traballadora do Español.
🎙️ Carme Coma, víctima del abuso sexual de Hugo Mallo, en @partidazocope
— El Partidazo de COPE (@partidazocope) September 12, 2024
🗣️ "Si esto sirve para que no vuelva a suceder en ningún ámbito, habrá valido la pena estar hoy aquí hablando con vosotros"
📻 #PartidazoCOPE pic.twitter.com/01VxhFNYQg
"Estes comportamentos son delito sexa onde sexa. Antes víanse como falcatruadas e xa non vale. Este tipo de actos teñen consecuencias. Se esta sentenza serve para que alguén o pense dúas veces, xa me dou por satisfeita", dixo Carme Coma.
Hugo Mallo terá que pagar unha multa de 6000 euros polos tocamentos e 1000 euros máis, aos que hai que engadir os intereses, polo dano moral.