Publicador de contidos
Publicador de contidos

Hugo Mallo volve a España para ser xulgado por abuso sexual

Hugo Mallo volve a España para ser xulgado por abuso sexual

O seu adestrador no Inter, Eduardo Coudet, anuncia que o xogador pediu permiso para deixar o equipo

Será xulgado o xoves día 11 en Barcelona polo seu presunto delito nun Español-Celta

G24.gal 01/07/2024 11:50 Última actualización 01/07/2024 11:56

Hugo Mallo non volverá vestir coa camiseta do Inter, porque o seu contrato acaba este verán e non renovará e porque o futbolista pediu permiso para abandonar a disciplina do equipo brasileiro e así poder viaxar a España e preparar o xuízo que ten pendente como acusado.

Tras o partido do equipo ante o Criciúma Esporte Clube, en conferencia de prensa, o Chacho respondeu sobre a ausencia do que foi capitán do Celta.

"Vou aclaralo coa verdade. Por unha situación persoal, xa nos comunicou que vai saír. Ten que viaxar a España e non sei se imos poder volver contar con el, seguramente non", sinalou.

O tema persoal ao que se refire o arxentino é o xuízo por abuso sexual previsto para este 11 de xullo en Barcelona. Tal e como transcendeu en xaneiro, Mallo foi denunciado por un delito que tería lugar no 2019 no partido de Cornellà fronte ao cadro vigués.

A presunta vítima é unha moza que traballaba como mascota do Español e que asegura que o canteirán celeste introduciu as mans baixo o disfrace da muller e "lle fixo tocamentos nos peitos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade