A volta máis especial de Íker Losada a Balaídos: "Temos un equipazo"
O de Catoira pasou polos micrófonos da Radio Galega uns días antes de xogar como local co Celta diante do seu ex equipo, o Betis
"Vai ser un partido de moitas emocións con moitos amigos nos dous lados"
"No verán que pase o que teña que pasar", dixo Losada
Íker Losada está de volta. O xogador de Catoira debutou contra o Valencia pero o día máis especial será no que se vista coa celeste en Balaídos. Curiosamente, o primeiro rival que terá enfronte será o Betis, o equipo ao que pertencía ata o de agora: "Vai ser un partido de moitas emocións, con moitos amigos nos dous lados" asegurou Losada nos micrófonos de Ao Contraataque. No programa da Radio Galega non quixo adiantar o que vai pasar no seu futuro e asegurou que "no verán que pase o que teña que pasar" sobre as posibilidades de seguir vinculado ao Celta.
O centrocampista do Celta comentou o equipo que se atopou no seu regreso a Vigo: "Hai un equipazo", dixo. Sobre os obxectivos, Íker losada ten claro que "hai que ter a tranquilidade de non estar no descenso. Temos catro puntos de vantaxe e non hai que remontar nada"