Publicador de contidos
Publicador de contidos

A webserie 'Mataría' remata este Nadal cunha homenaxe a Brandariz

A webserie 'Mataría' remata este Nadal cunha homenaxe a Brandariz

O día de Nadal publicarase un documental sobre como se fixo a serie con gravacións de voz do cómico

Os tres derradeiros capítulos co material xa gravado, irán difundíndose durante o mes de decembro

Culturagalega.org Culturagalega.org
G24.gal 12/12/2022 13:44

A microserie 'Mataría', premiada na última edición dos premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego, remata o seu percorrido despois da morte inesperada a principios de ano do seu protagonista e un dos máximos responsables da súa realización. O final da serie formúlase agora por parte do realizador Javier Seoane, coma os tres últimos capítulos cos que render homenaxe ao malogrado artista.

Cada domingo do mes publicaranse nas canles de YouTube e Instagram da serie un novo capítulo e rematará todo o proxecto o día de Nadal publicando un documental que dará conta de toda concepción e realización da webserie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade