Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta abrirá en 2025 unha oficina económica en Madrid

A Xunta abrirá en 2025 unha oficina económica en Madrid

Esta plataforma de apoio empresarial para os galegos que queiran emprender fóra e para os do resto do Estado que queiran investir en Galicia estará na Casa de Galicia

G24.gal 30/11/2024 18:17

A Xunta porá en marcha unha oficina económica en Madrid. O goberno galego comezará os traballos para poñela en marcha o vindeiro exercicio.

Situarase na sede da Casa de Galicia en Madrid, e servirá coma plataforma de apoio tanto para os empresarios galegos que desexen emprender fóra coma para os empresarios do resto do Estado que queiran investir en Galicia.

Ademais, tamén servirá de altofalante para as políticas da Xunta en materia de apoio á actividade económica.

A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, revela que o obxectivo é "reforzar a implantación empresarial e a captación de investimentos" para contribuír á chegada de empresas á comunidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos