Núñez Feijóo: "Ou nos coidamos ou teremos dificultades para o Nadal"
Confía en que a incidencia diminúa a medida que avance a vacinación infantil e a de reforzo
Preocupación no goberno galego polas cifras que acada esta sexta vaga da pandemia. O Presidente da Xunta asegurou este sábado que están especialmente pendentes dás áreas sanitarias de Ourense e Vigo, "especialmente castigadas" polos contaxios, e fixo un chamamento á prudencia.
En declaracións aos medios tras visitar unha exposición dedicada ao arquitecto Antonio Palacios en Vigo, acompañado polo alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida, advertiu que "ou nos coidamos ou teremos dificultades para o Nadal, que todos queremos gozar".
"Espero e desexo que a medida que vaiamos finalizando a vacinación dos maiores de 60, que espero que o podamos facer os próximos días, empece a baixar a incidencia", sinalou.
O titular da Xunta confía en reducir a prevalencia do coronavirus tamén na poboación de 5 a 11 anos coa inmunización deste grupo, "en canto dispoñamos das vacinas a partir do 13 de decembro".