Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta amplía horarios de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago

A Xunta amplía horarios de autobús entre Vigo e o aeroporto de Santiago

Habilita unha liña máis por semana e outra os domingos con saída da Intermodal de Vigo

Toda a información relativa aos servizos está dispoñible na páxina web  https://www.bus.gal

Autocar chega con viaxeiros ao aeroporto da Lavacolla, en Compostela Autocar chega con viaxeiros ao aeroporto da Lavacolla, en Compostela
G24.gal 18/05/2024 13:32

A Xunta vai ampliar o servizo de autobuses entre Vigo e o aeroporto da Lavacolla en Santiago a partir do próximo luns 20 de maio. Faino co obxectivo de paliar os problemas que lles están ocasionando os viaxeiros e viaxeiras o peche do aeródromo de Peinador por obras na pista de aterraxe ata fin de mes.

Adaptarase o itinerario dalgunhas liñas da conexión Vigo-Santiago de Compostela, coa incorporación dunha parada no aeroporto de Compostela e a creación dunha nova liña ata a Estación Intermodal de Vigo para as fins de semana.

Habilita así unha liña máis por semana e outra os domingos con saída da estación intermodal de Vigo. Sairá ás sete da tarde, de luns a venres, e ás sete e media, os domingos. Tamén se incorpora outra liña en sentido inverso, de Santiago a Vigo. Neste caso sairá ás dez e cinco da noite de luns a venres e ás dez os sábados e os domingos.

Créase unha nova liña para os sábados e domingos: Aeroporto Rosalía de Castro-Santiago Estación Intermodal-Pontevedra Estación de Autobuses-Vigo Estación Intermodal, con saída do aeródromo ás 22:00 horas e chegada prevista a Vigo ás 23:20 horas.

Estes cambios súmanse aos servizos xa existentes, con saídas desde Vigo ás 04:30, 07:30 -de luns a venres- e 10:45, todos os días, e desde o aeroporto a Vigo ás 08:55, 12:55 , todos os días, e 18.45 horas, agás os xoves.

A información relativa aos servizos estará dispoñible na páxina web https://www.bus.gal

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade