Cargando resultados...
A Xunta aplaude a recomendación europea de ampliar os cribados de cancro
A Xunta aplaude a recomendación europea de ampliar os cribados de cancro
O conselleiro de Sanidade asiste en Bruxelas ao Consello de Ministros de Sanidade da Unión Europea
Julio García Comesaña asistiu en representación das comunidades autónomas
G24.gal
09/12/2022 12:51
A Xunta aplaude as recomendacións de Bruxelas de ampliar os rangos de idade nos cribados de cancro e de abrir a porta aos de pulmón e próstata.
O conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, que asistiu ao Consello de Ministros de Sanidade da Unión Europea en representación das comunidades autónomas, asegura que a aprobación desta recomendación vai dar impulso ao traballo que vén realizando a Xunta.
Os presupostos do ano que vén prevén un incremento do 70 % do orzamento para cribados. A intención da consellería de Sanidade é estender os cribados de cérvix ás sete áreas sanitarias en 2023.