Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aproba este luns o Bono Emancípate para axudar cos gastos da primeira vivenda

A Xunta aproba este luns o Bono Emancípate para axudar cos gastos da primeira vivenda

É unha tarxeta moedeiro de ata 3.000 euros dirixida a persoas menores de 36 anos, que se pode solicitar a partir do 6 de febreiro

G24.gal 25/01/2025 15:59 Última actualización 25/01/2025 16:52

O Consello da Xunta aproba este luns o Bono Emancípate para axudar a mocidade nos gastos da súa primeira vivenda, dende a compra de mobles ou electrodomésticos ata as xestións notariais.

Anunciouno o presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, no acto Vivenda, Mocidade, Galicia, organizado polos populares galegos na Coruña.

O bono é unha tarxeta moedeiro, de entre 1.500 e 3.000 euros, que pode solicitar calquera persoas que teña entre 18 e 35 anos a partir do 6 de febreiro.

A Xunta destina a este medida un orzamento inicial de 2 millóns de euros, que se poderán ampliar segundo a demanda.

"Estas axudas son as que marcan a diferenza entre poder empezar unha nova vida nunha vivenda propia ou non poder facelo", defendeu o presidente.

Alfonso Rueda anunciou tamén que a Xunta vai estender a Lugo e Vigo a iniciativa que xa ten en marcha para Santiago de construír aloxamentos compartidos para menores de 36 anos.

"En Galicia somos menos de anuncios baleiros e máis de chaves en mans", afirmou.

Nesta liña, o líder dos populares galegos reivindicou as políticas do seu Goberno nesta materia e pediulle a Pedro Sánchez que "tome en serio" o problema da vivenda e deixe a "propaganda".

Alfonso Rueda lembrou que cando Sánchez chegou á Moncloa, a vivenda era a preocupación número 14 para os españois e agora, a segunda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos