A Xunta aproba o texto da nova lei de calidade alimentaria
A Xunta aproba o texto da nova lei de calidade alimentaria
Actualiza un texto que tiña xa 18 anos para tratar de darlles un novo pulo aos produtos nos mercados
Dezaoito anos despois, Galicia actualiza a lei de calidade alimentaria. E faino cun propósito claro: impulsar a excelencia dos nosos produtos e incrementar o seu atractivo para darlles un novo pulo no mercado.
Trátase de garantir "a máxima calidade dos produtos elaborados en Galicia e, sobre todo, buscar que un produto con orixe galega sexa sinónimo de garantía excelente en todo o mundo", segundo o presidente da Xunta. Como se fará? Pois farase unindo forzas cos produtores e sendo máis eficaces contra as prácticas fraudulentas.
Crearase unha certificación de sustentabilidade, vanse reforzar as denominacións de orixe e manterase a aposta pola profesionalización dos consellos reguladores.
A lei introduce criterios para dar prioridade a compra pública de alimentos cun impacto ambiental reducido. É dicir, primaranse produtos frescos, de tempada, ecolóxicos e de proximidade.
Vanse reforzar as medidas de control e as sancións. As medidas aplicaranse tanto á produción como á comercialización, con especial vixilancia sobre a crecente venda de produtos a través de Internet.