Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta aprobará "en cuestión de días" as axudas ás auxiliares da automoción

A Xunta aprobará "en cuestión de días" as axudas ás auxiliares da automoción

A conselleira de Economía espera que as achegas cheguen "a tempo" de convencer as industrias de que Galicia aposta pola cadea de valor

G24.gal 15/05/2024 21:33

"En cuestión de días" a Xunta vai anunciar as axudas para a industria auxiliar da automoción. Avanzouno a conselleira de Economía nun encontro co Clúster da Automoción nunha reunión en que abordaron os pormenores desta liña de axudas extraordinaria.

Dixo María Jesús Lorenzana que confía en que estas achegas do Goberno galego "cheguen a tempo" para convencer as empresas multinacionais de que Galicia aposta pola cadea de valor. Lorenzana pediu ademais a colaboración do Goberno central para que os PERTE da automoción se resolvan rápido.

"O que pretendemos con estas axudas é evitar a deslocalización dos pedidos, fundamentalmente dos de Stellantis como empresa motora de toda a automoción. Hai que recordar que hai 25.000 empregos ligados a este tipo de industria. Con isto estamos dando cumprimento a ese Plan Director da Automoción que en campaña electoral o presidente dixo que se presentaría neses primeiros cen días e que ademais ten esas axudas con fondos propios da Xunta", afirma María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar