Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT intensifica desde este luns a vixilancia nas estradas con obras en Galicia

A DXT intensifica desde este luns a vixilancia nas estradas con obras en Galicia

Os axentes de Tráfico vixiarán que se respecte a sinalización extraordinaria, a redución da velocidade e o incremento da distancia de seguridade

Control de Tráfico da Garda Civil/Arquivo
G24.gal 02/06/2024 18:43 Última actualización 03/06/2024 14:37

As últimas estatísticas falan de 170 accidentes de tráfico ao ano en treitos de estrada en obras. O ano pasado foron atropelados 22 operarios que traballaban nesas áreas.

A campaña da DXT para atalla a sinistralidade nos treitos en obras das estradas comezou esta mañá e prolongarase toda a semana. En Santiago, por exemplo, unha das patrullas da Garda Civil de Tráfico atopámola no enlace da A-54, a futura autovía a Lugo.

Os obreiros que preparan a calzada, que está previsto abra ao tráfico en 15 días, están aquí especialmente expostos a calquera infracción. Por iso, ademais da seguridade viaria, esta campaña da DXT busca tamén a seguridade laboral dos obreiros.

"Co trazado dos dous carrís modificado, hai xente na estrada. Entón é necesario concienciar os condutores de que están aí. Trátase de evitar a sinistralidade laboral das persoas que ao final están no seu lugar de traballo", declarou Samuel Lago, tenente da Garda Civil 

En casos así, é determinante respectar a sinalización, evitar os descoidos e, sobre todo, os adiantamentos antirregulamentarios e os límites de velocidade. Segundo dos datos da DXT, un atropelo non adoita ser mortal a menos de 40 quilómetros por hora, pero a partir de 65 quilómetros por hora ten un desenlace fatal en nove de cada dez ocasións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade