Rescatadas cinco persoas en Moaña tras estoupar o motor da súa embarcación
Rescatadas cinco persoas en Moaña tras estoupar o motor da súa embarcación
A bordo ía un adulto e catro adolescentes, que se botaron á auga e foron recollidos por outro barco
Un dos menores permanece hospitalizado na unidade de queimados de Povisa con prognóstico reservado
Un adulto e catro adolescentes tiveron que ser rescatados na ría de Vigo tras estoupar o motor da embarcación en que viaxaban. Botáronse á auga e foron recollidos por outro barco preto do peirao de Meira, no concello de Moaña.
Despois foron evacuados pola lancha de Salvamento Marítimo Salvamar Mirach. Dous dos menores foron trasladados ao hospital vigués de Povisa con varias queimaduras. Un deles segue ingresado con prognóstico reservado.
O barco quedou á valga e acabou varado na praia da Xunqueira. Alí, os servizos sanitarios atenderon o propietario, que quedara a bordo e presentaba queimaduras leves.
A Garda Civil investiga as causas da explosión. A hipótese principal apunta cara a unha acumulación de combustible como orixe da deflagración.