A Xunta asume a titularidade da Escola de Cantería de Poio
A Xunta asume a titularidade da Escola de Cantería de Poio
Incluirase na rede de centros integrados de FP, con ciclos de construción ou artes plásticas e acreditará experiencia laboral a antigos alumnos
A Xunta asume a titularidade da Escola de Cantería de Poio, que a partir do curso 2024/2025 ofertará títulos regrados de FP especializados en construción, restauración ou artes plásticas. O xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o presidente da Deputación de Pomtevedra, Luís López, asinaron este mércores o convenio polo que o centro pasará de mans do ente provincial á Consellería de Educación.
Tras máis de 40 anos formando canteiros de sona internacional, a escola de Poio comeza a súa transición este curso para se converter nun centro integrado de FP, que ofrecerá no curso 24/25 máis de cen prazas de ciclos para profesións de alta demanda laboral, como a construción e restauración de edificios ou a formación en cantería e artes plásticas e deseño.
"Queremos darlle un pulo a este centro, integrándoo na revolución silenciosa da FP na que levamos traballando en Galicia nos últimos anos intensamente. No curso 23/24 faremos a maior oferta da historia da educación pública en Galicia, con 42.174 prazas novas de novo ingreso, un 12 % más que el curso pasado", explicou Alfonso Rueda.
A Consellería de Educación prevé ir aumentando as prazas do novo centro integrado de Poio nos próximos anos ata superar as 300. Ofrecerán ademais acreditacións de experiencia laboral para canteiros sen titulación homologada.