Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta avanza o novo modelo de competencias profesionais docentes

A Xunta avanza o novo modelo de competencias profesionais docentes

Adiantouno nunha reunión cos decanos das facultades de Ciencias da Educación

G24.gal 27/03/2023 20:59 Última actualización 27/03/2023 21:10

O conselleiro de Educación reuniuse cos decanos das facultades de Ciencias da Educación de Galicia. Avanzoulles o novo modelo de competencias profesionais docentes que vén a ser o marco para a formación permanente do profesorado.

Acordaron crear dous grupos de traballo para mellorar a formación docente desde a etapa inicial na universidade. Tamén se creará unha rede de centros colaboradores coas facultades de Educación e deseñaranse doutoramentos educativos como os que xa existen no ámbito industrial.

"Hai concordancia de obxectivos, que son ter os mellores profesores posibles para ter o mellor sistema educativo posible actuando en formación inicial, en formación continua e deseñando accións innovadoras que xeren sinerxias entre as facultades de Ciencias da Educación e os centros educativos, que moitos deles xa son referentes en boas prácticas, en diferentes ámbitos", asegura Román Rodríguez, conselleiro de Educación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade