Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta convocará este mes as 413 prazas de sanitarios e a oposición fala de "parches"

A Xunta convocará este mes as 413 prazas de sanitarios e a oposición fala de "parches"

Alfonso Rueda pídelle ao Goberno central que se implique nas medidas

BNG e PSdeG chaman a participar este domingo na manifestación convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública

G24.gal 10/02/2023 16:00

As medidas anunciadas pola Xunta para aliviar a carga nos centros sanitarios comezará a aplicarse a partir da semana que vén, cando remate o prazo de alegacións por parte dos sindicatos. A intención é incorporar catrocentos novos profesionais, e limitar o número de pacientes que os médicos poden atender ao día na Atención Primaria.

O Goberno galego calcula que en quince días se convoquen esas 413 prazas fixas coas as que o Sergas vai cubrir as vacantes en hospitais comarcais e centros de saúde.

Amais, para aliviar a carga asistencial dos sanitarios establécese un cupo de 33 citas de dez minutos cada unha nas consultas de Atención Primaria.

Respecto ás gardas nos PAC con vacantes, o Sergas creará unha bolsa de persoal voluntario; por sete días de garda cobrarán un máximo de 5.309 euros brutos ao mes. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defende o plan para mellorar a Atención Primaria en Galicia. Rueda pídelle ao Goberno central que se implique nas medidas, e que permita que haxa máis médicos MIR para cubrir as vacantes a medio e longo prazo.

O BNG chama a secundar a manifestación de SOS Sanidade Pública

O BNG escoitou de primeira man no Parlamento os problemas dos profesionais e usuarios da sanidade pública.

A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, ofreceu o seu apoio a manifestación que convocou para esta fin de semana a plataforma SOS Sanidade Pública, e asegurou que as últimas medidas que anunciou a Xunta son parches improvisados.

O PSdeG chama a unirse ao clamor social

O secretario xeral do PSdeG tamén vai participar nesa manifestación convocada por SOS Sanidade Pública. Valentín González Formoso asegura que o plan do goberno galego pra mellorar a sanidade chega tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar