A Xunta deixa sen efecto a recomendación da máscara nos recreos escolares
A Xunta deixa sen efecto a recomendación da máscara nos recreos escolares
A decisión chega logo de que o Sergas dea por finalizado o plan de vacinación de toda a poboación obxectiva
A recomendación de que os estudantes galegos usen a máscara durante o recreo deixará de ter efecto, segundo anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
Tras a reunión semanal do Executivo autonómico, celebrada en Lugo nesta ocasión, Núñez Feijóo explicou que "hoxe no subcomité clínico probablemente se deixe sen efecto a recomendación do uso das máscaras no recreo".
A decisión, dixo, tómase unha vez que concluíu a vacinación de toda a poboación obxectiva xa que o Goberno galego entende que é o momento de facer decaer esta suxerencia.
Isto non quere dicir, sinalou, que se un alumno ou unha familia decide que o seu fillo siga levando este elemento durante o recreo non poida facelo.