Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta destinará 13 millóns á promoción turística de Galicia en máis de 30 mercados

A Xunta destinará 13 millóns á promoción turística de Galicia en máis de 30 mercados

Os turistas estranxeiros xa son o 30 % dos que nos visitan e o sector pretende seguir ampliando esta cifra

G24.gal 25/03/2025 20:38 Última actualización 25/03/2025 21:13

A Xunta amosará a oferta turística de Galicia en 30 mercados internacionais este ano.

Destinará 13 millóns de euros a 130 accións de promoción, que van desde a presenza en feiras do sector ata publicidade en redes sociais, pasando por viaxes para que operadores e xornalistas doutros países coñezan o noso patrimonio cultural e natural.

Na presentación do plan este martes en Santiago, o xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, reivindicou o pulo dun novo modelo de turismo máis sostible, internacional e dixital para gañar competitividade.

O presidente apuntou como un dos obxectivos deste ano chegar a mercados emerxentes.

Os turistas estranxeiros xa son o 30 % dos que nos visitan, o 61 % se falamos de peregrinos, e a finalidade do sector é seguir aumentando esa cifra polo impacto que teñen no negocio. 

No ranking de visitantes internacionais, á cabeza están os estadounidenses, e cada vez máis países compiten cos tradicionais, como Francia ou Alemaña, elixindo Galicia para as súas vacacións.

Nos próximos meses Turismo de Galicia participará en máis de 30 feiras internacionais e realizarán accións como colocar mouteiras do Camiño en Panamá, O Brasil ou Xordania. Tamén organizarán 50 viaxes de xornalistas e axentes de viaxes de todo o mundo para dar a coñecer Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade