Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta destinará case 2 millóns á contratación de mulleres en sectores masculinizados

A Xunta destinará case 2 millóns á contratación de mulleres en sectores masculinizados

Nas empresas de telecomunicacións a presenza de mulleres apenas chega a un 23 % de media

G24.gal 03/12/2024 14:38

A Xunta destinará o ano que vén 1,7 millóns de euros a fomentar a contratación de mulleres en sectores masculinizados, como as enxeñarías ou a loxística. Adiantouno o presidente Alfonso Rueda nunha visita este martes á empresa de ciberseguridade Ednon, en Santiago.

Nos cadros de persoal das empresas de telecomunicacións só un 23 % de media son mulleres. No caso de Ednon, unha firma santiaguesa de análise de datos e ciberseguridade, é do 25 %. Unha infrarrepresentación que se arrastra dende a educación, como explica Erika Cacabelos, analista de ciberseguridade en Ednon.

A Xunta puxo en marcha este ano un plan de axudas ás empresas de ata 26.000 euros por cada muller contratada con carácter indefinido en sectores masculinizados, do que xa se beneficiaron 50 empresas e 84 mulleres. Alfonso Rueda confirmou que no 2025 manterán estes apoios para atraer talento feminino e diminuír a fenda salarial entre homes e mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade