Cargando resultados...
A Xunta duplicará os fondos destinados ao bono social eléctrico
A Xunta duplicará os fondos destinados ao bono social eléctrico
Francisco Conde dixo no Parlamento que o que urxe a curto prazo e paliar o prezo da enerxía que pagan as empresas e as familias
G24.gal
26/10/2022 14:26
O ano que vén o Goberno galego duplicará os fondos destinados ao bono social eléctrico. Anunciouno o conselleiro de Economía durante a presentación na cámara galega dos orzamentos do seu departamento, que no 2023 ascenderán 524 millóns de euros, un 12 % máis.
Francisco Conde dixo na cámara galega que o que urxe a curto prazo e paliar o prezo da enerxía que pagan as empresas e as familias, sobre todo as máis vulnerables, de aí que dobrasen as axudas ata chegar aos catro millóns de euros.