A Xunta e o Seprona asinan un convenio para intensificar a loita contra as verteduras
A Xunta e o Seprona asinan un convenio para intensificar a loita contra as verteduras
Entre o ano 2022 e no que vai de 2023, das 600 denuncias presentadas por infraccións nos ríos da demarcación Galicia-Costa, o Seprona tramitou o 30 %
A Xunta e o Seprona acordaron impulsar un plan de actuación conxunto para a defensa dos ríos da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa e intensificar a loita contra as verteduras.
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o xeneral xefe da 15 Zona da Garda Civil, Miguel Ángel González, asinaron o protocolo para a realización de actividades de control e vixilancia en defensa do dominio público hidráulico.
As intervencións centraranse, por exemplo, en captacións ou derivacións de auga sen permiso, ocupación irregular do dominio público hidráulico con pasarelas ou calquera outro elemento ou cortas ou plantacións en zona de servidume.
Tamén serán obxecto do seguimento acciones de extracción de áridos, obras de canalizacións e, especialmente, verteduras non autorizadas, que son o maior dos inimigos dos ríos galegos e a gran ameaza para a súa saúde.
Ethel Vázquez desvelou que entre o ano 2022 e no que vai de 2023, das 600 denuncias presentadas por infraccións nos ríos da demarcación Galicia-Costa, aproximadamente o 30 %, unhas 80, foron tramitadas polo Seprona.