Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta Electoral estima parcialmente a denuncia do PP e insta o BNG a quitar carteis

A Xunta Electoral estima parcialmente a denuncia do PP e insta o BNG a quitar carteis

O BNG iniciou a retirada da devandita cartelería, polo que non procede incoar un procedemento sancionador

G24.gal 22/01/2024 20:47

A Xunta Electoral de Galicia estimou parcialmente unha denuncia do PPdeG contra o BNG e instou os nacionalistas a retiraren “de forma inmediata” unhas pancartas que incumpren a lexislación. O BNG iniciou a retirada da devandita cartelería e por tanto non procede incoar un procedemento sancionador.

Os populares denunciaron a formación nacionalista porque “desde hai varios días e unha vez convocadas as eleccións ao Parlamento de Galicia” colocou “pancartas en distintas localizacións de diferentes concellos de Galicia que constitúen propaganda electoral”.

Segundo expón a denuncia, os soportes comerciais conteñen as seguintes manifestacións con frases como “Rueda vai a Madrid a recibir ordes do PP; Pontón, a negociar melloras para Galicia”. A “mención expresa” dos candidatos do Partido Popular e do BNG que concorren a estas eleccións evidencia que se trata de carteis publicitarios encamiñados á captación de sufraxios contratados pola formación política denunciada infrinxindo o citado precepto legal.

Con todo, a Xunta Electoral non estima a denuncia referida a outros carteis que fan referencia a negociacións do BNG para conseguir “rebaixas nas peaxes da AP-9” ou dos “trens de proximidade” ao entender que “fan referencia a cuestións negociadas no ámbito estatal para a formación do Goberno no Congreso do Estado”.

Por tanto, entende o órgano de decisión electoral, non irrompe no proceso electoral galego xa que constitúe a “actividade ordinaria” do BNG e exerce o seu dereito de liberdade de expresión e de participación política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade