Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta entrega medio centenar de todo terreos e furgonetas a axentes ambientais

A Xunta entrega medio centenar de todo terreos e furgonetas a axentes ambientais

O presidente da Xunta e a conselleira de Medio Ambiente estiveron presentes no acto de entrega dos vehículos na Cidade da Cultura

Trátase de 28 camionetas, 14 coches 4x4 e seis furgonetas adaptadas ás necesidades dos traballadores

Alfonso Rueda na entrega dos vehículos aos axentes ambientais
G24.gal 23/07/2024 16:46

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Ánxeles Vázquez, fixeron entrega de 48 todo terreos e furgonetas a axentes ambientais este martes.

Os novos vehículos son: 28 camionetas estilo pick-up, 14 coches SUV 4x4 e seis furgonetas adaptadas ás necesidades destes traballadores.

Estes 48 vehículos completan unha adquisión de 108 vehículos para axentes ambientais desde 2018. O investimento foi de máis de 2,5 millóns de euros.

Vehículos estacionados na Cidade da Cultura Vehículos estacionados na Cidade da Cultura

O acto de entrega tivo lugar na Cidade da Cultura, en Santiago, onde se atopaban aparcados os vehículos. Nel, Rueda valorou que Galicia conta cun servizo de vixilancia ambiental "do que estar orgullosos", composto por 165 traballadores de servizos provinciais de Patrimonio Natural e de centros de recuperación.

Rueda subliña que os axentes "necesitan os medios necesarios", polo que a Xunta comezou en 2018 unha renovación de parque móbil. "Era algo que había que facer", afirma, á vez que enxalzou o "labor fundamental" destes profesionais.

Pola súa banda, Félix Pérez falou en nome da Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga) para agradecer o "enorme esforzo" para contar con estes vehículos, debido a que necesitan "medios materiais adecuados" cos que desenvolver a súa función "con garantía e eficacia". "Somos os ollos e os oídos desta administración no medio rural", lembra.

Na actualidade, o 42% do territorio galego está baixo algún tipo de protección pola súa singularidade ou biodiversidade. A Xunta destaca que destinou nos últimos cinco anos un total de 195 millóns a melloras en zonas de protexidas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade