Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta expón no Uruguai os seus plans para fixar poboación no rural galego

A Xunta expón no Uruguai os seus plans para fixar poboación no rural galego

O conselleiro de Emprego di que o Goberno uruguaio amosou interese polo programa de IA que ten a Xunta nas 54 oficinas de colocación

 

G24.gal 27/07/2024 13:42 Última actualización 27/07/2024 15:57

O conselleiro de Emprego e Emigración, Xosé González, mantivo unha xuntanza co ministro uruguaio de Traballo e Seguridade Social para analizar as "posibles sinerxías" no ámbito laboral entre as dúas administracións. 

Nesa liña, expúxolle cuestións relacionadas coa Rede galega de polos de emprendemento e coas accións que están en marcha para levar xente ao rural galego. Ademais falaron da aplicación da intelixencia artificial na busca de emprego. 

O conselleiro tamén se reuniu con empresarios e coa colectividade galega neste país latinoamericano.

"Tratamos algunhas das cuestións en que estamos traballando na consellería de Emprego, Comercio e Emigración como a ferramenta de intelixencia artificial para casar a oferta e a demanda. Amosaron moito interese ao respecto. E tamén todo o apoio que estamos facendo para o emprendemento no rural galego e que nos valeu o recoñecemento como Galicia, rexión emprendedora do ano 2025 no ámbito europeo", explicou Xosé González.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade