Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta habilitará un paquete de axudas para o sector da construción

A Xunta habilitará un paquete de axudas para o sector da construción

O obxectivo é evitar a paralización das obras públicas

Haberá axudas económicas para compensar o sobrecusto dos materiais de construción

G24.gal 19/11/2021 14:52

A suba da enerxía, a escaseza de materiais ou o sobreprezo co que chegan teñen contra as cordas o sector da construción. A Federación Galega da Construción calcula que os custos aumentaron un 22 por cento.

"A situación ameaza a obra pública", asegura o seu presidente, Diego Vázquez, que di que as empresas barallaban "abandonar as obras" porque asumilas sería "un risco certo" para a súa viabilidade. 

A Consellería de Infraestruturas anunciou un paquete de medidas para axudar o sector a capear esta crise. Haberá compensacións económicas polo sobreprezo dos materiais cando o encarecemento supere o vinte por cento, explicou a conselleira Ethel Vázquez.

Á axuda económica sumaranse outras medidas, como a flexiblización dos proxectos para que poidan facer modificacións na listaxe de materiais e substituílos por outros máis accesibles. 

As medidas entrarán en vigor o próximo 1 de xaneiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos