Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia implantará medidas para vixiar a fraude nas incapacidades temporais

Galicia implantará medidas para vixiar a fraude nas incapacidades temporais

O Sergas reforzará a inspección e obrigará a que os partes de confirmación das baixas sexan presenciais

Ademais vai reforzar o papel das mutuas, que poderán realizar probas

EFE 05/08/2024 14:54

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns que, a partir do próximo mes de setembro, os servizos de Atención Primaria e os hospitais de Galicia contarán con medidas para controlar a fraude nas incapacidades laborais, coñecidas como baixas.

Na última reunión do Consello de la Xunta deuse luz verde a este acordo co que o Executivo autonómico pretende que a xestión das baixas laborais sexa “máis operativa, eficiente e áxil” para “quen realmente están en condicións de obtela”.

O Goberno galego confía en que o novo modelo sexa máis eficiente tanto para o paciente, como para o facultativo que prescribe a baixa, como para o sistema, que é o que afronta o gasto das incapacidades.

Das medidas deu conta o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, que cre que o novo modelo axudará a mellorar a actual xestión é un escenario no que o “absentismo laboral é un fenómeno complexo, sistémico e multifactorial” que ademais ten un impacto importante “sanitario e económico”.

Entre as medidas, a Xunta reforzará o programa da actividade inspectora das incapacidades para o que se estimularán as consultas presenciais e crearase unha unidade de apoio aos médicos prescritores de incapacidades.

Tamén se buscará que os partes de confirmación das baixas leven a cabo mediante citas presenciais.

Doutra banda, a emisión dos partes de baixa por actuacións nos centros hospitalarios realizaranse desde os centros de admisión dos citados hospitais, que emitirán estes partes, liberando de carga de traballo aos médicos de Atención Primaria.

Á súa vez, automatizarase os procesos de incapacidades de longa duración como poden ser os derivados de fracturas ou dalgúns procesos patolóxicos oncolóxicos nos que as baixas duran moitos meses.

No paquete de medidas explicado polo conselleiro tamén destaca unha maior colaboración coas mutuas de forma que se lles permita a realización de probas que logo pasarán a formar parte da historia clínica dos pacientes.

O Sergas autorizará estas probas e as mutuas deberán realizalas nun prazo de oito días e que se cargarán “directamente na historia clínica dese paciente”.

O conselleiro incidiu na necesidade de tomar medidas neste campo en tanto que “os datos falan por si sós” e evidencian que é necesario loitar “contra a fraude do absentismo laboral”.

Segundo dixo, Galicia ten unha taxa xeral de 7,8 % e en educación e sanidade elévase por encima do 10 %”, esgrimiu o titular de Sanidade, que sinalou que aínda que o número de baixas na comunidade é inferior ao da media estatal, o tempo medio da duración das incapacidades temporais está “moi por encima”.

Nos dous últimos meses, na comunidade analizáronse un 10 % das baixas activas e, deles, un 40 % dos pacientes revisados recibiron a alta co que se demostra que só o 60 % destas incapacidades estaban xustificadas mentres que o resto “volveron ao seu traballo”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade