A Xunta probará este mes en tres oficiñas de emprego a intelixencia artificial
A Xunta probará este mes en tres oficiñas de emprego a intelixencia artificial
Emprego incorpora 136 orientadores laborais para mellorar a cualificación profesional
O PP rexeita tramitar a ILP promovida por SOS Sanidade Pública
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, informou de que este mesmo mes se iniciará a experiencia piloto da nova ferramenta tecnolóxica de intelixencia artificial (IA) en tres oficinas de emprego, en Pontevedra, Cambados e Ordes.
Trátase dunha aplicación denominada EMI (Emprego Intelixente) para a dixitalización do servizo público de emprego en Galicia co que se pretende adecuar a oferta á demanda no mercado de traballo, ante a situación "atípica" de existen postos de traballo sen cubrir a pesar de que hai máis de 139.000 persoas desempregadas na comunidade, indicou a conselleira no pleno do Parlamento.
Lorenzana compareceu a petición propia para explicar as políticas laborais e a "reformulación" que se está realizando nas oficinas do servizo de emprego da Xunta, un total de 54 ás que se incorporaron 136 orientadores laborais que realizarán un seguimento personalizado a certos desempregados, como os de máis de cinco anos, para adecuar as súas capacidades profesionais e evitar a fraude.
"Non é viable que atopemos un traballo adecuada para unha persoa se temos os datos desactualizados", advertiu a conselleira, quen tamén sinalou que existe unha "desconexión" entre as necesidades das empresas e as capacidades profesionais dos desempregados.
Os grupos da oposición, BNG e PSdeG, reprocharon que a Xunta "criminalice" e "bote a culpa" aos desempregados por este "desconexión" cando cren que se debe a outros factores, como a propia falta de políticas activas de emprego por parte do Goberno galego.