Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta incrementa a dotación do Bono Concilia para chegar a 13.500 familias

A Xunta incrementa a dotación do Bono Concilia para chegar a 13.500 familias

Nesta edición amplíanse as familias beneficiarias para incluír aquelas con menores que fan 13 anos en 2024

G24.gal 16/09/2024 13:57 Última actualización 16/09/2024 16:54

O Consello da Xunta aprobou este luns unha nova edición do Bono Concilia, que segundo destacou o presidente galego, Alfonso Rueda, vai incrementar a partida nun 66 % para poder chegar a 13.500 familias.

En total o programa contará cun orzamento de 2,6 millóns de euros, e terá como principal novidade que se amplían as familias beneficiarias a aquelas con menores que fan os 13 anos en 2004. Amais, segundo destaca a Xunta de Galicia, nesta edición vanse simplificar os trámites para que sexa máis doada a súa solicitude.

O Bono Concilia concede axudas de 200 euros por menor para o pagamento de servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social e Igualdade ou a asistencia a campamentos, ludotecas ou espazos infantís.

Tamén se concede ese bono para a contratación dunha persoa empregada do fogar ou servizos de atención á infancia a domicilio, en cuxo caso a axuda chega aos 500 euros.

O Diario Oficial de Galicia publicará este martes a nova convocatoria destas axudas. As familias poderán solicitalas desde este mércores 18 de setembro e ata o vindeiro 17 de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade