Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta investirá 9,6 millóns de euros en bonos axuda para os autónomos

A Xunta investirá 9,6 millóns de euros en bonos axuda para os autónomos

Esta medida podería beneficiar unhas dez mil persoas

Xunto á cota cero, hai outras axudas que elevarían ata os 8.600 euros as achegas que poden percibir os novos autónomos

G24.gal 21/12/2023 16:00

Charo abriu o seu negocio en Ourense despois da pandemia. Ela aínda ten moi recentes ás dificultades do primeiro ano. 

"O primeiro ano é moi duro, e tamén o segundo e o terceiro. Pero o primeiro ano tes máis gastos, é unha axuda importante", comenta Charo Fidalgo.

Para axudar aos que decidan iniciar a súa actividade como autónomos, o ano que vén a Xunta decidiu subvencionar o cen por cento das cotizacións durante os doce primeiros meses.

"Os custos fixos cando inicias un negocio e a cota de autónomo é algo ao que sempre lle prestan atención, se está bonificado cando é a primeira vez ou nos últimos tres anos que non fuches autónomo, pois pagan 80 euros. O primeiro ano son 960 euros, pero no caso de que non estea bonificada e sexa un reemprendemento, podería estar nos 300 euros ou 250", explica Nicolás Rei González, xerente da asesoría Emprendedor.

Estimase que a medida, que conta cun orzamento de 9,6 millóns de euros, podería beneficiar unhas dez mil persoas. Entre os obxectivos, promover o relevo xeracional.

"Que a nova xeración se poña como autónomo, que é o que buscamos, máis emprego, máis traballo e a liberdade de que ese diñeiro, en lugar de pagar a cotización, podémolo investir tamén no noso propio negocio para que saia adiante", indica Begoña Conde, da Asociación de Autónomos de Ourense.

Xunto á cota cero, hai outras axudas que elevarían ata os 8.600 euros as achegas que poden percibir os novos autónomos.

"Todo isto suma, polo que subvención a subvención podes ir logrando reducir o risco inicial", finaliza Nicolás Rei González.

Galicia é a comunidade autónoma que conta cunha maior porcentaxe de autónomos de toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade