A Xunta inviste 4,75 millóns de euros en polígonos industriais de 43 concellos
A Xunta inviste 4,75 millóns de euros en polígonos industriais de 43 concellos
As axudas están orientadas a mellorar o equipamento dos parques empresariais
Tamén contempla a creación de viveiros de empresas para asentar poboación
Nesta parcela situarase o futuro viveiro empresarial do concello lucense de Bóveda, unha actuación acollida ás axudas que ofrece a Xunta para mellorar o equipamento dos polígonos industriais e que supera os catro millóns setecentos cincuenta mil euros. Os beneficiarios son 43 concellos de toda Galicia.
Dotado de varios despachos e zonas de servizo, tamén funcionará como taller de formación. O seu obxectivo é dinamizar a actividade industrial. É unha das iniciativas que se están a desenvolver na provincia de Lugo, onde están proxectados tres viveiros empresariais e melloras en polígonos industriais doutros seis concellos.
O conselleiro de Economía tamén lembrou que a través do Instituto Enerxético de Galicia hai axudas para mellorar a eficiencia. Neste caso os beneficiarios son familias, concellos e empresarios.