A Xunta mantén ata o 26 de febreiro a esixencia do certificado covid para acceder ao ocio e á restauración

O TSXG avalou esta medida que, segundo Sanidade, favorece o proceso de vacinación
A esixencia do certificado covid para a hostalería, o ocio nocturno e a restauración seguirá vixente en Galicia ata o 26 de febreiro. A Xunta aínda non decidiu se volverá solicitar o aval do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para prorrogar a medida, que actualmente só manteñen en vigor oito comunidades, ademais das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
O conselleiro de Sanidade, Xulio García Comesaña, insistiu en que o certificado xoga a favor da vacinación e explicou que as medidas que se irán tomando de aquí en adiante irán na liña se camiñar cara a unha convivencia normalizada co virus.
Comesaña, que visitou na Coruña a nova unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, dixo que os esforzos se centrarán en protexer as persoas máis vulnerables.