A Xunta pecha 2023 cun déficit do 0,18 %, unha débeda do 16,1% e "cumpriu obxectivos"
A Xunta pecha 2023 cun déficit do 0,18 %, unha débeda do 16,1% e "cumpriu obxectivos"
O presidente da Xunta destaca que o seu Goberno "achega certezas e confianza a cidadáns e empresas"
A Xunta de Galicia pechou o exercicio de 2023 cun déficit do 0,18 % sobre o PIB, case tres puntos menos que en 2022, e unha débeda pública do 16,1 %. Segundo Alfonso Rueda, estes datos permiten afirmar que a Xunta "cumpriu os obxectivos" financeiros respecto ao ano pasado.
Son datos que figura na Conta Xeral de 2023, que este luns abordouse na reunión semanal do Goberno autonómico e da que informaron en rolda de prensa o propio Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.
Neste contexto, o presidente da Xunta reivindicou que a taxa de débeda é "a máis baixa desde 2012" e que Galicia "non só foi das comunidades que cumpriu os obxectivos", senón que é "das que lidera o período medio de pago a provedores", con 14,82 días fronte aos 27,87 días de media de todas as autonomías.
En palabras de Rueda, isto quere dicir que a Xunta "achega certezas e confianza a cidadáns e empresas".