A Xunta pide colaboración e lealdade para un acordo pola lingua
A Xunta pide colaboración e lealdade para un acordo pola lingua
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude insiste na necesidade de diálogo entre partidos e pídelle ao BNG que se incorpore ao pacto
O Goberno da Xunta téndelle a man ao BNG para chegar a un acordo e actualizar o plan xeral da lingua. Aseguran que están abertos a propostas para aplicar medidas de xeito inmediato, pero consideran que crear unha mesa de traballo suporía dilatar o proceso.
"Fago unha última chamada a ese proceso de diálogo. Pídolle ao BNG que non cometa o mesmo erro que en 2004 de manterse fora do ámbito de negociación. Que se incorpore a ese pacto, que traballe con lealdade e seguramente sexamos capaces entre todos de chegar a un acordo que sexa bo para a normalización e o uso social da nosa lingua", explicou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.