Diego Calvo reclama máis axentes para a Policía Autonómica
Diego Calvo reclama máis axentes para a Policía Autonómica
Asegura que debe completarse o cadro de persoal ata 500 policías
Se non se cobre, terían que deixar de prestar algúns servizos
A Xunta insiste na necesidade de que o Goberno central financie máis axentes para a Policía Autonómica en Galicia. Aseguran que, se non se cobre o catálogo de 500 postos, terán que deixar de prestar algunhas das tarefas que desempeñan agora. Por iso lle urxen ao ministro do Interior unha reunión para un novo convenio.
O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, explicou: "Se non incrementamos o número de policías adscritos á unidade en Galicia, é moi difícil que podamos seguir cumprindo con eses servizos, que serían desempeñados entón pola Policía Nacional e a Garda Civil. Estamos á espera de que o Ministro poda sentar con nós".