Publicador de contidos
Publicador de contidos

Calvo repróchalle a Sánchez que fixera "oídos xordos" ante as reclamacións de Rueda

Calvo repróchalle a Sánchez que fixera "oídos xordos" ante as reclamacións de Rueda

Pide unha reacción por parte do Executivo central

G24.gal 21/09/2024 16:35 Última actualización 21/09/2024 17:05

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reprochoulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que fixera "oídos xordos" ante as reclamacións que o presidente da Xunta lle fixo chegar na reunión mantida en Moncloa.

En declaracións aos medios durante a participación de Calvo na romaría de San Mateo de Vilouchada, en Trazo, afirmou que Pedro Rueda acudiu á xuntanza "cun documento importante" e "moitos argumentos", polo que pide "unha reacción" por parte do Executivo central.

"O presidente fixo oídos xordos e nós o que esperamos neste momento é que recapacite e cambie de opinión porque os galegos temos os mesmos dereitos, coma o resto dos españois, a ter un Goberno que nos escoite e que cumpra coas reclamacións que facemos desde Galicia", expresou Calvo.

Segundo dixo, en política non valen só "as boas palabras", senón tamén "os feitos", e desde Galicia levan "xa moitos anos" cunha serie de reclamacións en materia de infraestruturas, educación, sanidade, servizos sociais ou a Policía Autonómica "que aínda non foron atendidas".

Ademais, asegurou que todo o que teña que ver co financiamento debe de se resolver nunha Conferencia de Presidentes e no Consello de Política Fiscal e Financeira.

"O que non ten sentido é falar dese financiamento con cada unha das comunidades autónomas porque dese xeito estamos a quebrantar o sistema español", declarou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade